Oposicións

NOTA: No curso 23/24 prepararemos as especialidades de Educación Infantil, Educación Primaria, Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, Lingua Inglesa e Educación Física.

Os nosos equipos xa están pechados, temos grupos reducidos e non incorporamos novo alumnado ao longo do curso, incluso aínda que haxa baixas.

No mes de maio de 2024 faremos xornadas de portas abertas para que poidas vir a coñecernos e se queres saber un pouquiño máis sobre a nosa metoloxía de traballo, aquí atoparás máis información.

Para nós esta é a clave

Equipo e cooperación

O traballo cooperativo é sen dúbida o eixo vertebrador de todo o que ocorre no Equipo Laura. Tradicionalmente asóciase a preparación da oposición coa individualidade, a competencia e moitas veces o sufrimento. Nós dámoslle a volta. Equipo Laura é axuda, é cooperación, é tribo. Dedicamos moito tempo ás habilidades de comunicación, ao coñecemento mutuo, á auto e coavaliación. Aprendemos “de verdade” a traballar en equipo e facémolo ademais da man de persoas expertas que nos darán innumerables ferramentas non só para a nosa propia aprendizaxe, se non para levar despois esta mirada ás aulas. 

Sabemos que camiñando só chegarás axiña, pero en equipo, chegarás máis lonxe. O Equipo Laura aspira a ser unha auténtica comunidade de aprendizaxe, onde todo o mundo pertence e contribúe. Establecemos lazos de cooperación e aprendizaxe entre distintas especialidades e o noso alumnado é protagonista e axente activo de todo o que aquí acontece. 

Moito traballo, eso é Equipo Laura…

Preparación e acompañamento

Entendemos que o esforzo é imprescindible. Non vos pediremos nada que non estemos dispostas a dar: traballo, traballo, traballo e moitísima dedicación é o que o equipo de preparadoras e preparadores ofrecemos, e iso é o que esiximos a cambio,  nada máis. Entendendo por suposto as particularidades de cada quen, intentaremos en todo momento ofrecervos a axuda que precisedes. 

 
Moitas horas a maiores

Implicación e dedicación

Se formas parte do noso equipo, tes que saber que terás que pasar con nós moitas horas a maiores, que non entendemos nin sabemos de festivos, vacacións, pontes ou fins de semana. Que serán moitas as ocasións nas que terás clases extras, etc. pero iso sí, tamén estamos segur@s de que valerá a pena. Será un ano moi duro, pero tremendamente gratificante e enriquecedor. Para nós desfrutar do camiño é imprescindible e aprender a aprender tamén.

Acompañarémosvos moito máis aló  dunha simple clase… o autocoidado, as técnicas de estudo, entender que precisa o noso cerebro para aprender, a instauración de hábitos, etc son tamén parte do noso plan de estudos e de traballo. 

 
Moitas horas a maiores

A nosa misión

Equipo Laura nace para contaxiar un cambio na escola pública e na formación do profesorado, para demostrar que outra educación é posible. Cremos que o mundo, a escola, as familias,... precisan un cambio de mirada. 

É moi difícil ensinar o que non viviches… é por iso que no noso equipo aplicamos e vivimos cada día todas as metodoloxías activas que os estudos baseados en evidencias demostran que funcionan: aprendizaxe cooperativa, estacións de aprendizaxe, gamificación, Aprendizaxe Baseados en Xogos,… e un longo etc! Aplicaremos na práctica o que di a teoría. Levamos mooooitos anos demostrando que é posible e o noso alumnado confirma que isto é unha realidade. Preparar e aprobar unha oposición non ten que ser un camiño gris, tedioso e aburrido, podes aprender moitísimo divertíndote e traballando moi duro á vez! 

Para coñecernos mellor

Podes descargar este PDF con máis información sobre nós