
01. Quen somos?
Somos Isa e Laura, nais, mestras e amigas. A nosa historia iníciase hai xa unha morea de anos e neste camiño levamos compartidas moitas cousas. As dúas temos en común tres aspectos clave:
- A vocación e o amor pola docencia, a escola e os nenos e nenas. Levamos “toda a vida” adicadas á educación e nunca deixamos de aprender…
- A nosa propia experiencia como nais, xa que foi a que nos levou hai un tempo a buscar outra forma de educar. Celia, Lúa, Iago e Aroa son os auténticos motores de todo isto, porque son el@s os que sen dúbida nos trouxeron ata aquí…
- A firme convicción de que o mundo precisa unha mirada diferente á infancia e as relacións entre persoas. Temos claro que as habilidades de crianza hai que aprendelas, non herdalas e que igual é hora de cambiar o de “sempre se fixo así”…
Ámbalas dúas formamos parte do equipo de mestras do Equipo Laura e estamos certificadas en Disciplina Positiva para aula, primeira infancia e familias. Esta mirada amable e respectuosa forma xa parte das nosas vidas dende hai tempo e un dos nosos obxectivos é contaxiala e sementala nas escolas e agora tamén nos fogares. Sabemos moi ben (porque o vivimos en primeira persoa cada día…) o dura que é a crianza, o doado que é “perder os nervios”, a culpa que irremediablemente aparece cando sentimos que non o estamos facendo ben,…. E tamén sabemos que outra forma de facelo, de sentirnos, de entender as conductas dos nosos fillos e fillas é posible. Queremos acompañal@s da mellor das formas…será doado? Non… Valerá a pena? Por suposto que sí!!!!
Se queres escoitar a nosa historia, neste episodio do Podcast en ivoox do Equipo Laura poderás facelo:
02. Que é a disciplina positiva?
A Disciplina Positiva é un modelo educativo que favorece o respecto mutuo e axuda ao desenvolvemento de habilidades de vida.
Con este modelo de educación respectuosa os nenos e nenas perciben que son capaces, que contribúen de forma significativa, que son necesari@s e que teñen unha influencia positiva na súa contorna.
As nosas sesións serán totalmente vivenciais e aprenderemos a entrar no mundo do neno ou nena dende as nosas propias experiencias. Analizaremos o impacto que os premios, os castigos, as ameazas, os gritos,… teñen nas nosos pequen@s e, sobre todo, axudarémosvos a mitigar a frustración, os medos, as inseguridades ou remordementos que moitas veces aparecen na crianza…


03. Para que é a nosa escola de familias?
Para crear un espazo de acompañamento, de aprendizaxe, de apoio e de alento.
Queremos trasladar ás familias e aos fogares o que levamos tantos anos vivindo no Equipo Laura co noso alumnado. Queremos construír un clima de respecto, de axuda mutua, de comprensión, de aprendizaxe e de moito crecemento. Queremos que este sexa un espazo seguro onde xamáis te sentirás xulgado ou xulgada. Queremos percorrer este camiño da túa man…
04. Como e cando?
Aquí iremos indicándovos as formacións que iremos sacando mes a mes.
Serán todas presenciais, cun mínimo de 16 persoas e un máximo de 24. Están dirixidas a papás, mamás, avós, avoas ou calquera persona que pase tempo con nenos ou nenas ou que simplemente queira formarse e empaparse dunha mirada distinta baseada no respecto como base de calquera relación humana.
Durante os meses de setembro e outubro impartimos en distintas datas unha sesión introdutoria á Disciplina Positiva. Estamos moi agradecidas porque foron moitas as familias que confiaron en nós!!! Agora toca dar un pasiño máis e o domingo 3 de decembro teremos “un segundo nivel”. Unha formación para personas que xa fixeron a primeira sesión e que queiran seguir produndizando nesta mirada respectuosa á infancia. Por outro lado, se estás interesado ou interesada en iniciar este camiño da nosa man, canto teñamos un número de personas suficiente para poder repetir de novo a primeira sesión poñeremos nova data.
Imaxina por un momento o que podería pasar no mundo cando vivamos a primeira xeración educada sen violencia, dende o respecto e o amor…
Contamos contigo? Úneste ao cambio?
