O noso equipo

Sen lugar a dúbidas, o máis importante deste proxecto son as persoas que o conforman. É o capital humano do Equipo Laura o que converte a este espazo en algo que vai moito máis alá dunha simple academia. No equipo de profesorado atoparás non soamente profesionalidade, competencia e moita experiencia, senón tamén alento, axuda, comprensión, xenerosidade e capacidade de axuda.

O EQUIPO empeza en nós.

Coñécenos

Coñece un pouco mellor ás persoas responsables da maxia

Laura Adela

Laura Adela

FARO

Como a figura e a luz do faro, Laura guía coa súa presenza, achega seguridade, confianza e calma. Conseguirá que te atopes cos teus talentos a través da empatía. Sempre fará que te sintas unha persoa entendida, acompañada e valorada.

- Máis Info - 

Rubén Calviño

Rubén Calviño

RELOXO

Como o tic-tac constante dun reloxo, sempre en movemento e marcando o ritmo do progreso. Cada segundo con determinación e constancia nas súas metas e responsabilidades. Rubén é confiable e preciso no seu traballo, marcará os tempos para aqueles que o rodean.

 - Máis Info - 

Andrea Fernández

Andrea Fernández

PONTE

Ao igual que unha ponte conecta a dúas beiras, Andrea é capaz de unir ás persoas e comprender as súas emocións e necesidades, e de axudalas a atopar unha solución común. Fará que chegues ao teu destino.

- Máis Info - 

Isa Fraguela

Isa Fraguela

XARDÍN

Coma un xardín na primavera, Isa está sempre florecendo con novas ideas e perspectivas, capaz de transformar coa súa regadeira calquera situación en algo fermoso e cheo de cor.

- Máis Info - 

Alba Puentes

Alba Puente

LAGOA

Como a auga dunha lagoa Alba é tranquila, serena e en paz consigo mesma. É quen de reflectir todo o que a rodea con claridade e serenidade.

- Máis Info - 

Diego Rúa

Diego Rúa

LENTE

Diego ten unha mirada como unha lente de aumento, que revela os detalles máis pequenos e extraordinarios en cada aspecto da vida. Coma nun caleidoscopio, onde a combinación de formas e cores crea un universo de imaxinación sen límites, é capaz de descompoñer as ideas convencionais nun espazo de posibilidades innovadoras.

- Máis Info - 

Ángel Ferreirós

Ángel Ferreirós

SOL

Igual que o astro rei, nin se cansa nin se esgota, ilumina co seu sorriso e grazas a el temos luz. Con Ángel, os días son brillantes e podemos ver con claridade. Abrázanos coa súa calor e nos dá as vitaminas para poder afrontar os desafíos con forza.

- Máis Info - 

Sandra Carballeira

Sandra Carballeira

SEMENTE

Como unha semente na terra, Sandra sempre mira cara ao futuro con esperanza e fe en que cousas marabillosas están por vir, sen importar como sexas e de onde veñas, estará disposta a traballar duro para facer que esas cousas sucedan xerminando aprendizaxe.

- Máis Info - 

Raúl Bugallo

Raúl Bugallo

AGUIA

Como un aguia no ceo, Raúl ten unha visión clara e aguda do que quere e está disposta a facer o necesario para logralo, sen importar cantos obstáculos atope no camiño. Ademais, do mesmo xeito que o aguia, conta cunha presenza maxestosa e dominante, capaz de inspirar respecto e admiración nos demais.

- Máis Info -