Oposicións

Preparamos a opositoras e a opositores de diferentes especialidades de educación infantil e primaria

Formacións abertas

Damos formacións abertas a todo tipo de profesorado.

Escola de familias

Dende setembro de 2023 contamos tamén coa Escola de Familias Equipo Laura. 

Unindo esforzos

Coñécenos

O noso obxectivo é acompañarvos nun camiño de crecemento persoal e profesional.

Sabemos que non é doado, pero tamén temos claro que xuntas e xuntos somos máis fortes e que, traballando en equipo, aportando cada quen a súa fortaleza, unindo esforzos, compartindo e axudando, todo será máis doado. As metodoloxías innovadoras, activas e cooperativas que entendemos teñen que extenderse cada vez máis no sistema educativo, son as que nós mesm@s utilizamos día a día. Queremos aprender facendo, equivocándonos, experimentando, dunha forma inductiva, divertida e, sobre todo, chea de emoción. Se algo nos define sen dúbida, é que somos e queremos que sexades, mestras e mestres con corazón.