Xa temos preparada a primeira formación aberta do curso 23-24!!
Será o 23 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30. Se estás a buscar a senda cara ao éxito na túa oposición, proceso formativo ou de desenvolvemento persoal e aprender a gozar da viaxe, chegaches ao lugar adecuado! Esta formación única e completa proporcionarache as ferramentas e coñecementos necesarios para alcanzar as túas metas de xeito eficiente e con total confianza.
Pregúntaste como é posible chegar a ser eficiente no estudo, no teu desenvolvemento persoal e poder gozar do mesmo? Coa formación “Novos hábitos para acadar os teus obxectivos. Maximiza o teu rendemento segundo a ciencia.” buscamos revelar as claves para lograr un exitoso proceso de estudo e oposición, resolvendo así unha necesidade que detectamos en moitas persoas que buscan triunfar para acadar a súa praza.
Para máis información accede a través do enlace: Hábitos para acadar os teus obxectivos
Se buscas eficiencia, este é o teu primeiro paso para facer un camiño intelixente cara ao teu obxectivo. Prepárate para transformarte e convérterte na túa mellor versión!