Cursos

Non te perdas a primeira formación da nosa escola de familias

A nosa escola de familias arranca en setembro!!! Para iniciar esta aventura deseñamos unha primeira sesión introdutoria á Disciplina Positiva de 4 horas de duración. Temos dúas datas dispoñibles coa finalidade de poder facilitar a conciliación…o sábado 16 de setembro e o domingo 1 de outubro. Ámbolos dous días o horario é de 10:00 a 14:00 cun pequeño descanso polo medio.

O noso obxectivo será un espazo de acompañamento, de aprendizaxe, de apoio e de alento. Queremos trasladar ás familias e aos fogares o que levamos tantos anos vivindo no Equipo Laura co noso alumnado. Queremos construir un clima de respecto, de axuda mutua, de comprensión, de aprendizaxe e de moito crecemento. Queremos que este sexa un espazo seguro onde xamáis te sentirás xulgado ou xulgada. Queremos percorrer este camiño da túa man…

Se non queres quedarte sin sitio ponte en contacto con nós ben por WhatsApp no número 630157007 ou por correo electrónico en info@equipolaura.es.

Estaremos encantadas de poder axudar!!