Audio e video

Historias que nos inspiran, o noso profe Pablo: Sempre no meu equipo!

Este foi o último episodio da primeira tempada do Podcast Equipo Laura. É un episodio moi especial por dous motivos, o primeiro porque con el puxemos punto e a parte a este curso e a este proxecto. 20 episodios nos que semana a semana intentei compartir con todas vós un anaquiño da nosa historia, da nosa familia, da nosa tribo. Grazas de corazón a todas as persoas que dedicaron un tempiño a escoitarnos, a escribirme, a darme alento, grazas ou que simplemente estiveches alí.

A segunda razón pola que este último episodio é tan especial é porque o meu convidado foi alguén a quen quero, que admiro e que lle debemos moito no Equipo Laura. Pablo López Cabrera, o profe Pablo, o noso preparador de EF dinos ata pronto e nesta entrevista compartimos a nosa historia.

Grazas Pabliño por cambiarme a vida, grazas por formar parte desa familia elixida que espero que me acompañe sempre e grazas por facer deste equipo algo tan bonito. Fuches, es e sempre serás imprescindible nesta tribo.

Quérote un mundo!

Podcast Ivoox

Podcast Spotify