Novos hábitos para acadar os teus obxectivos (2º Edición).

Maximiza o teu rendemento segundo a ciencia.

Datas13 de xaneiro
Horario10:00-14:00
FormadoresLaura Adela Fernández Blanco
Rubén José Calviño Vázquez
Número de plazas24

info@equipolaura.es

Reserva a túa praza!

+34 630 15 70 07

Reserva por Whatsapp

Benvido/a, estudante, a unha formación que cambiará o teu camiño! Se estás a buscar a senda cara ao éxito na túa oposición, proceso formativo ou de desenvolvemento persoal e aprender a gozar da viaxe, chegaches ao lugar adecuado! Esta formación única e completa proporcionarache as ferramentas e coñecementos necesarios para alcanzar as túas metas de xeito eficiente e con total confianza.

Pregúntaste como é posible chegar a ser eficiente no estudo, no teu desenvolvemento persoal e poder gozar do mesmo? Coa formación "Novos hábitos para acadar os teus obxectivos. Maximiza o teu rendemento segundo a ciencia.", buscamos revelar as claves para lograr un exitoso proceso de estudo e oposición, resolvendo así unha necesidade que detectamos en moitas persoas que buscan triunfar para acadar a súa praza. Aquí tes un adianto do que poderás aprender nos módulos formativos:

Módulo 1: Planificación Intelixente e Hábitos Poderosos

- Descobre como establecer un obxectivo final claro e alcanzable, e debuxa un mapa detallado para chegar ata el.

- Domina a ciencia detrás da formación de hábitos e como incorporalos á túa rutina diaria.

- Desenvolve técnicas para xestionar o teu tempo maximizando a túa produtividade.

Módulo 2 : Técnicas de Estudo basadas en Evidencia.

- Descobre as estratexias respaldadas pola ciencia para aprender de forma máis efectiva e reter a información de maneira duradeira.

- Adapta os teus métodos de estudo ao teu estilo de aprendizaxe.

- Mellora o teu rendemento en comprensión e memorización de temas, lexislación e preparación de supostos prácticos.

Módulo 3: Benestar. Equilibrio para o Éxito

- Aprende a manter unha actividade física adecuada para mellorar a túa capacidade cognitiva e reducir o estrés.

- Descobre como gozar do camiño cara ao éxito e evitar o esgotamento, asegurando un equilibrio entre estudo, sono e descanso.

- Comprende o enfoque no aquí e agora para reducir estados mentais de estrés, ansiedade, etc., que limitan o teu proceso de crecemento.

Se buscas eficiencia, este é o teu primeiro paso para facer un camiño intelixente cara ao teu obxectivo. Prepárate para transformarte e convérterte na túa mellor versión!

Inscríbete agora que comezamos!

Formadores

LAURA ADELA FERNÁNDEZ BLANCO
Owner & CEO “Equipo Laura”

Mestra especialista en Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e Educación Primaria.
Formadora con amplísima experiencia.
Coach persoal e de equipos.
Experta en Programación Neurolingüística.
Certificada en Disciplina Positiva para aula, familias, primeira infancia e organizacións.

RUBÉN JOSÉ CALVIÑO VÁZQUEZ
Colaborador e preparador en “Equipo Laura”

Mestre de Educación Primaria e Educación Física (Xunta de Galicia).
Máster en Psicoloxía Aplicada en Contextos Educativos.
Premio extraordinario Máster.
Estudante Psicoloxía pola UNED.
Certificado en Disciplina Positiva.