CAA no ambito escolar

Linguaxe Natural Asistida.

Datas28 de outubro
Horario10:00-14:00 e 15:30-18:30
FormadoraSilvia Andión García
Número de plazas24
arroba

info@equipolaura.es

Reserva a túa praza!

whatsapp

+34 630 15 70 07

Reserva por Whatsapp

O vindeiro sábado 28 de outubro teremos a oportunidade de aprender sobre un tema extremadamente importante como é a Comunicación Aumentativa. Farémolo ademais da man dunha excelente profesional con ampla experiencia, Silvia Andión. Silvia xa estivo o curso pasado en Equipo Laura e aprender da súa man foi un auténtico agasallo. É por isto que este ano convidámola a facer unha formación aberta a profesionais e familias que estén interesadas neste eido taaaaaan importante no desenvolvemento de tantos nenos e nenas. A Linguaxe Natural Asistida é hoxe por hoxe un dos nosos principais retos, así que non te perdas esta oportunidade de formarte dunha forma práctica cunha das personas con máis formación e experiencia que podemos atopar… Grazas Silvia por aceptar esta proposta que estamos seguras será de gran axuda para moita xente!!!

Módulo 1

Comezaremos facendo referencia á comunicación aumentativa e á evidencia científica que desmonta os mitos e barreiras que podemos atopar na súa implantación, para dar paso a un cambio de paradigma a través dos fundamentos da linguaxe natural asistida e as características dos SAAC que nos van permitir levala á práctica.

  • Que é a CAA?
  • Mitos e barreras na CAA.
  • Linguaxe Natural Asistida.
  • Características dos comunicadores dinámicos robustos.

Módulo 2

Continuaremos cunha visión sobre o desenvolvemento da linguaxe a través da CAA e as funcións da comunicación, descubrindo as ferramentas específicas para a avaliación da competencia comunicativa de usuarios de SAAC e o establecemento dos obxectivos de intervención. Veremos o papel fundamental que teñen os interlocutores en dita implantación, así como o uso de diferentes estratexias que favorezan o aumento do input lingüístico ou modelado.

  • Avaliación da competencia comunicativa en CAA.
  • Obxectivos de intervención en CAA.
  • Estratexias de intervención.

Módulo 3

Unha vez establecidas as bases teóricas, adentrarémonos na implantación dos comunicadores dinámicos dentro do ámbito escolar. Veremos a importancia da creación dun equipo de implantación que reflexe as funcións dos diferentes interlocutores que rodean ao alumnado usuario de CAA, definiremos os diferentes niveis de intervención que atoparemos dentro do colexio e, para finalizar, poremos especial énfase na ensinanza da alfabetización nos usuarios de sistemas de comunicación.

  • SAAC no ámbito escolar.
  • Equipo de implantación.
  • Niveis de intervención no cole.
  • Alfabetización e CAA.

Incríbete xa que as prazas voan!!!!

Formadora

SILVIA ANDIÓN GARCÍA

Silvia Andión é especialista en audición e linguaxe e experta en CAA asistida con tecnoloxía. Actualmente está traballando no centro de EE Nuestra Señora del Rosario, en A Coruña.