Novas

Equipos pechados para o curso 23-24!

Pois co equipo de inglés pechado, temos xa a tribo Equipo Laura 23-24 ao completo!!!

Grazas infinitas a todas as persoas que confiáchedes en nós para iniciar esta aventura e as que o seguides facendo un ano máis… Sabemos que collimos a pouquiña xente e que moita quedou sen praza… é sen dúbida o trago máis amargo para nós…

E para poder axudar e contribuir dalgún xeito, no vindeiro curso lanzaremos unha formación exprés mensual aberta a todo o mundo. Estamos xa traballando na de setembro que xa vos adianto será xenial!!!