Sandra Carballeira
En palabras do seu alumnado

Entrega, paixón, seguridade, ánimo, vocación, esixencia, apoio, calidade, cercanía, sinceridade, guía… e outra infininta lista de palabras que definen a Sandra. Este ano o camiño foi diferente, pero, sen dúbida, tivemos a mellor capitana; alguén que te fai ver que, a pesar de vivir nun mundo no que se segrega por ser diferente e onde se deixan atrás a quen non segue o ritmo, todos e todas temos cabida. Aportándonos a clave para cambiar a vida de moitas persoas. O que non sabe é que tamén cambia a nosa. Eternamente agradecidas.
Sandra é xenerosidade absoluta e corazón xigante. Non escatima tempo, traballo nin esforzo con tal de axudar... Da igual as horas que teña que botar, ela sempre ESTÁ. Está de verdade. Adora ao seu equipo e loita por el a morte. Incrible profesional e incrible persoa.