Raúl Bugallo
En palabras do seu alumnado

Non se pode maquillar que Raúl non é o típico profe de Equipo Laura. A súa fama de duro e rosmón exténdese por toda a academia... pero a verdade que detrás desa fachada atopamos a un profe comprometido, moi traballador e que aporta un montón de coñecemento na ensinanza do inglés. Con traballo e esforzo (a lot, we’re not going to lie to you) sácase o mellor del e atoparedes a kind-hearted and tender man.
Raúl é en Equipo Laura o que calquera teacher, en calquera claustro de calquer cole… é o que vai a aportar o acorde para que a melodía soe perfectamente. Dende o primeiro día díxonos que opositar era un camiño duro, que requería poñer todo e mais da túa parte. Non se equivocaba. Pero el puxo todo o seu bagaxe, a súa experiencia, coñecemento e toque de á nosa disposición. É esixente, sincero e en máis dunha ocasión é quen de poñerte dos nervios porque o que pensabas que estaba perfecto, desafina por todas partes, e así non vas saír ó escenario. Ademais de presentarnos a Vigotsky, Brunner, Kagan e algúns mais… ensinounos a refacer temas e unidades didácticas e nos fixo mais fortes coas súas críticas, traballando a tolerancia e frustración en equipo. Non lle gustan as florituras, para iso xa está o resto do equipo, entre todos se consigue que a performance final sexa un éxito rotundo.