Laura Adela

En palabras do seu alumnado

Laura Adela

Incansable, apaixoada do seu traballo, vive por e para a educación coa firme convicción de que entre todos podemos xerar o cambio. Poderiamos escribir follas e follas sobre o seu currículum, pero é ela, a súa esencia, a súa implicación, a súa esixencia e autoesixencia o que fan que sexa a mellor guía, o mellor apoio e o piar do seu equipo, da academia e dos seus alumnos de AL.

Calquera cousa feita con amor, é un éxito asegurado. Amor é a palabra que mellor define a Laura. Calquera idea, por moi imposible que pareza ela faina realidade, porque a súa entre e dedicación é sen dúbida, unha das súas maiores fortalezas. Equipo Laura convertiuse nunha parte esencial para moitos de nos, e este proxecto de vida, como o chama Laura, cambiou a nosa realidade. Así que grazas, esta  secta MOLA MOITO

Laura é esa persoa que te guía e te acompaña, a que consigue que acades o teu maior potencial, axudándote a superar os teus medos para chegar á oposición sendo a túa mellor versión.

Autosuficiente, forte, traballadora incansable, xenerosa, brillante, sensible loitadora e auténtica. Non hai palabras que a definan mellor. Así é ela. Capaz de estar á altura pase o que pase. Ela é quen nos recorda cada día que merecemos todo o que soñamos e que podemos conseguir todo o que nos propoñamos.

É a líder da tribu e sempre está disposta a axudar, tanto no emocional, como no académico. Pódese confiar en ela, para o que necesites, ademais de boa profesional é unha mestra incrible con moito que aportar á nosa formación. No equipo de educación infantil é un piar fundamental, sempre intenta sacar a nosa mellor versión.