Diego Rúa

En palabras do seu alumnado

Diego Rúa

O profesor máis innovador e máis actualizado na área das TICs. Sempre disposto a axudarnos, sexa por semana ou fin de semana, a través das súas clases e a informarnos das últimas novidades, xogos e proxectos relacionados coas novas tecnoloxías nos colexios e escolas. Simplemente o claro exemplo de dar sen recibir nada a cambio.

 

Bip, bip

Diego é o interruptor da nosa academia. Na súa cabeza e a golpe de click atopamos un montón de información sobre pensamento computacional. 

Debe ter na súa cabeza unha gran placa base de memoria, xa que controla de robótica, aplicacións, páxinas web e ata de biblioteca.

Un mestre do século XXI: creativo, próximo, xeneroso, innovador e tecnolóxico. Disposto a ensinar todo o que sabe e coñece, explicándocho para que o poidas adaptar á túa aula.

É deses mestres dos que non saberíamos que sería da educación sen xente coma el. 

Bip, bip

 

Con el sempre teño a permanente sensación de respecto mutuo. É unha persoa moi cariñosa e creativa. Encántame a seguridade que transmite nos seus puntos fortes e como analiza, examina e expresa o que sucede ó seu arredor.