Ángel Ferreirós

En palabras do seu alumnado

Ángel Ferreirós

Apoio incondicional tódolos días a tódalas horas, sempre de bo humor, disposto a axudar, tanto a alumnos/as como a profesores/as. É, xunto con Laura, o gran piar da academia e dos que pasan horas estudiando nela, todo esto, tendo en conta que, ademais, é profesor de equipo de educación infantil…

Conta a lenda que, en medio de nós, existe un tipo de persoas especiais, moi difíciles de atopar, son chamadas: persoas faro. Non teñen ningún rasgo especial a simple vista, son mais ben desas que gardan un valioso poder no seu interior, pero si te fixas ben, quizais poidas ver algún rastro de maxia na súa mirada. Rin continuamente, e cando queren (que é a miúdo) fanno moi forte e de verdade. Antepoñen os teus intereses ós seus, ofrecen axuda sen pensalo e agasállante cun sorriso cando máis o precisas. Chamémolo casualidade, destino ou sorte, pero un destes especímenes de ser humano viu para o Equipo Laura. Pódese dicir, que é profe, pero nos estariamos quedando demasiado cortos. Ángel é amor, dulzura e agarimo. É constancia, traballo, alegría e paz. É esperanza, risa e corazón. É ilusión, ganas e alento. É imaxinación, talento e vitamina. É un arco da vella en medio da tormenta. Ángel é moitas cousas, pero por enriba de todo é casa. E como non podía ser doutra forma… tamén é o noso faro.

Empatía personificada. Unha persoa marabillosa, sempre disposto a axudar a todo o mundo. Non se cansa de mellorar como profe e facer todo o posible para darnos o mellor. Sen dúbida, é unha peza imprescindible do quebracabezas, sen el non estariamos completos.