Andrea Fernández

En palabras do seu alumnado

Andrea Fernández

A súa increible organización é algo que, sen dúbida, a caracteriza, ademáis de ser a raíña absoluta da lexislación. Unha auténtica crack. Sempre preocupada porque cada un de nos comprendamos cada coma de cada decreto. Traballadora incansable, xenerosa e brillante.

Cando pensamos en Andrea, só podemos sentirnos increiblemente afortunados por poder aprender cada día dunha persoa chea de tanto talento e paixón. Transmite paz, alento, cercanía, confianza e humanidade. Ten o don de facerte sentir capaz de acadar todo o que te propoñas.

Cada vez que estamos con ela, sempre nos preguntamos: Como pode saber tantas cousas e transmitilas dunha maneira que queda gravada na mente? É o perfecto exemplo de perseverancia e esforzo, e lévao tan adentro que o contaxia a todos/as, impulsándonos a mellorar cada día, dando o mellor de nos mesmos.

En cada paso que damos cara a un obxectivo, ela sempre está ao noso carón, acompañándonos, e ofrecendo apoio e o alento máis puro e sincero, para que nos convirtamos nesas persoas que queremos chegar a ser.

Non poderiamos imaxinar un mundo de aprendizaxe sen ela, porque é unha peza fundamental, tanto do Equipo, como das nosas vidas e estaremos sempre agradecidas e agradecidos de ter a gran sorte de poder vernos reflexados nos seus ollos.