Este ano lanzámonos a dar un paso de xigante e queremos contaxiar a nosa mirada ao mundo, á escola e á infancia no outro extremo do país: Alicante. E por que Alicante?
Porque alí atopamos a un excelente equipo de profesionais que cren de verdade na nosa visión e misión, que comparten os nosos valores e que están dispostos a traballar moi duro para que nosa regadeira chegue a moitos centros e a moitos docentes da comunidade valenciana.
Empezaremos coas especialidades de Educación Infantil e Educación Primaria. Os nosos grupos serán reducidos, cun máximo de 12 persoas. A nosa forma de entender a preparación de oposicións é facéndoo con pouco alumnado, dando a mellor preparación posible e cunha ratio moi baixa de profesorado-alumnado.
A nosa prioridade son as persoas! Estaremos situadas en Guardamar do segura, nun local céntrico onde atoparedes un coidado espazo de traballo e aprendizaxe. As clases son sempre pola tarde e presenciais, para nós o traballo en equipo e as relacións humanas son imprescindibles.
Non deixes de visitar a nosa web: https://alicante.equipolaura.es e as nosas redes sociais:
Equipo Laura chega a Alicante!

13
Ago