O vindeiro sábado 28 de outubro teremos a oportunidade de aprender sobre un tema extremadamente importante como é a Comunicación Aumentativa. Farémolo ademais da man dunha excelente profesional con ampla experiencia, Silvia Andión. Silvia xa estivo o curso pasado en Equipo Laura e aprender da súa man foi un auténtico agasallo. É por isto que este ano convidámola a facer unha formación aberta a profesionais e familias que estén interesadas neste eido taaaaaan importante no desenvolvemento de tantos nenos e nenas. A Linguaxe Natural Asistida é hoxe por hoxe un dos nosos principais retos, así que non te perdas esta oportunidade de formarte dunha forma práctica cunha das personas con máis formación e experiencia que podemos atopar… Grazas Silvia por aceptar esta proposta que estamos seguras será de gran axuda para moita xente!!!
Inscríbete xa que as prazas voannnn!!!! info@equipolaura.es