Carla López, Testemuña

“Unha das moitísimas cousas que aprendín este ano é que, coas metáforas, é moito máis sinxelo comprender as cousas e, como entender Equipo Laura non é doado, aí vai a miña.”

Imaxinemos que cada un de nós é un alimento. Un unha cebola, outr@ unha pizquiña de atún, outr@ un pouquiño de maínzo, un tomate, unha leituga… Nós mesmos, en soidade, estamos ben e temos nutrientes. Pero… E se nos mesturamos? Se nos mesturamos creamos una ensalada deliciosa, nutritiva, variada, co punto xusto de cada ingrediente e moi ben aliñada.

Equipo Laura é como esta deliciosa e variada ensalada. Cada ingrediente é único e irrepetible, bo por si só pero, cando se xunta cos demais, enriquécese ata puntos inimaxinables.

Non é doado comprender que se poida opositar en equipo, compartir e non competir, axudar e non poñer trabas, ser ensalada e non alimentos illados. Pero non hai nada mellor. Non hai nada máis fermoso que comprobar que non estás soa neste duro camiño e que, o que un día eran descoñecidos, son hoxe un pilar.

Carla López Martínez