Alba María Puentes, Testemuña

“Non sei como comezar, non sei que dicir, podería non dicir nada ou dicilo todo…”

Palabras insignificantes cobraron moito sentido… cando escoito paxaros, cactos, frutoo ou kukicha pasanme unha chea de imaxes por diante, todas cargadas de sentimentos, que intentas controlar, ou non… Que máis da se sentes medo, alegría, ansiedade ou felicidade? O importante é chegar a ese día que cambiará a túa vida pensando que todo vai ir xenial, pero tes tempo estou segura de que serás capaz de manter a calma, a profe Laura darache o conxuro, atopará un momento para ensinarche a cousa máis marabillosa do mundo ou simplemente para dicirche o que precisas.

Unha vez que tes a túa praza botas a mirada cara atrás e pensas…Xa esta? Isto remata aquí? Pois non, non ten fin, veñen as ganas de axudar ós que quedaron fóra, ós que veñen detrás, de seguir formándote, de aprender e de transmitir esa ilusión por ser mestra que algún día me transmitiron a min.

Alba Mª Puentes Loureiro