O equipo é a chave do voso éxito

Máis información

Sobre nós

O Equipo Laura é, sobre todo, un equipo. Somos un grupo de mestras e mestres que cremos nunha escola pública inclusiva, innovadora, respectuosa coas diferenzas e que entende a atención á diversidade como un eixe vertebrador.

O noso obxectivo é acompañarvos nun camiño longo e moi duro como é preparar unha oposición e acceder á función pública. Sabemos que non é doado, pero tamén temos claro que xuntas e xuntos somos máis fortes e que, traballando en equipo, aportando cadaquen a súa fortaleza, unindo esforzos, compartindo e axudando, todo será máis doado.

As metodoloxias innovadoras, activas e cooperativas que entendemos teñen que extenderse cada vez máis no sistema educativo, son as que nós mesm@s utilizamos día a día. Queremos aprender facendo, equivocándonos, experimentando, dunha forma inductiva, divertida e, sobre todo, chea de emoción. Se algo nos define sen dúbida, é que somos e queremos que sexades, mestras e mestres con corazón.

Unha aula As datas

Queres formar parte do equipo?

Se formas parte do noso equipo, tes que saber que terás que pasar con nós moitas horas a maiores, que non entendemos nin sabemos de festivos, vacacións, pontes ou fins de semana.

Contacta con nós

O noso traballo

Ánimo, apoio, empatía e compañeirismo. O equipo e non sentirnos sós, é a chave do noso éxito.

A equipo e a chave puedes hacerlo
EQUIPO E COOPERACIÓN

Para nós, esta é a clave.

Formar parte do Equipo Laura significa, ante todo, antepoñer o equipo á individualidade, traballar e aprender xuntas e xuntos, compartir e entender que todas e todos e cada unha e un de nós temos moito que aportar. A competitividade e rivalidade non teñen cabida aquí. Se queres unirte a nós, queremos que saibas que esta é a nosa forma de traballo, a nosa filosofía de vida e o eixe vertebrador de todo o que aquí vivimos cada día. Sabemos que camiñando só chegarás axiña, pero en equipo, chegarás máis lonxe.

Moito traballo. Entendemos que o esforzo é imprescindible. Non vos pediremos nada que non estemos dispostos a dar: traballo, traballo, traballo e moitísima dedicación é o que o equipo de preparadoras e preparadores ofrecemos, e iso é o que esiximos a cambio. Nada máis, entendendo por suposto as particularidades de cada quen, intentaremos en todo momento ofrecervos a axuda que precisedes.

Se formas parte do noso equipo, tes que saber que terás que pasar con nós moitas horas a maiores, que entendemos nin sabemos de festivos, vacacións, pontes ou fins de semana. Que serán moitas as ocasións nas que terás clases extras, etc. pero iso sí, tamén estamos segur@s de que valerá a pena. Será un ano moi duro, pero tremendamente gratificante e enriquecedor.

As especialidades

O curso escolar 2022 - 2023 prepararemos as seguintes especialidades.

Audición e linguaxe

A atención á diversidade é un dos eixes vertebradores do noso traballo. Neste equipo contamos coa axuda de profesionais con moita experiencia e sempre dende un enfoque práctico e inclusivo.

Queremos relacionar a logopedia e a especialidade coas aulas e os centros. Queremos apostar por unha nova forma de entender o papel do profesorado de apoio e deseñar programas de intervención que teñan en conta a innovación e os recursos máis actualizados.

Pedagoxía terapéutica

Para nós, abordar a atención á diversidade dende unha perspectiva inclusiva, integrada na vida da aula e do centro, partindo de estratexias cooperativas e sacándolle o máximo proveito as potencialidades e fortalezas do alumnado, é moi importante.

Entendemos o papel do mestr@ de apoio como fundamental na vida do centro e apostamos por propostas innovadoras, competenciais e actualizadas.

Educación primaria

A nosa aposta pola innovación, a aplicación de metodoloxías activas, inclusivas e baseadas no traballo cooperativo é indiscutible. O noso obxectivo vai moito máis aló que acadar unha praza, senón que aspiramos e ser mellores mestr@s... .

Con nós, non soamente prepararás unha oposición senón que iniciarás un camiño hacia o mestr@ que queres ser... .

Educación física

Nesta área pretendemos aportar un novo enfoque, queremos impregnar a Educación Física de innovación, cooperación, inclusión e traballo en equipo dende un enfoque competencial e interdisciplinar.

Apostamos por un cambio real na escola que entendemos pode comezar aquí.... .

Educación infantil

Queremos apostar por unha formación inspiradora, repleta de recursos, experiencias e traballo en equipo. Contamos coa colaboración de excelentes profesionais que nos ofrecen a mellor das formacións e os mellores exemplos de mestras e mestres con corazón...

Nesta especialidade, que comezamos a preparar por primeira vez no curso 2018/2019, queremos apostar tamén pola metodoloxía, estratexias, recursos innovadores e actualizados, enfoque inclusivo e cooperativo,... que tan bos resultados nos aporta noutras especialidades.

Os nosos equipos reducidos, o apoio e acompañamento constante e a forza do grupo axudaranche a alcanzar a túa meta.

LINGUA INGLESA E.P

Se o teu obxectivo é presentarte ás oposicións da especialidade de lingua inglesa en educación primaria, podemos axudarte. Buscamos a un equipo que queira encher esta especialidade de propostas innovadoras, competenciais, inclusivas e diferentes...Contamos contigo?.

O Equipo

Somos un grupo de mestras e mestres que cremos nunha escola pública inclusiva, innovadora, respectuosa coas diferenzas e que entende a atención á diversidade como un eixe vertebrador.

Os nos@s amig@s

Aqui temos algunha das experiencias das persoas que pasaron por aqui e queren compartir a súa alegría con nós.

Magdalena Álvarez Gómez

“Hai momentos que son especiais por sí mesmos:

Ese momento no que entras ao Equipo Laura, cun pase a unha morea de situacións de aprendizaxe tanto de cara a unha oposición como de cara ao día a día da Educación. Eses momentos no que estando dentro se combinan o estudo, o apoio, a amizade e a unión... aprendendo a pensar, a ter inquietudes, así como capacidade de esforzo, traballo e superación. E todo nun ambiente aberto, de rincóns, zonas de innovación, e obradoiros nos que relucen as emocións.

E así, cunha morea de momentos agasallados, se inicia unha vida como funcionaria de Educación, co selo do Equipo Laura no corazón. E se sae do Equipo como opositor, pero se continúa unido a el en temas de formación.

Entrar e continuar unido a Laura e ao Equipo Laura, foi e é sen dúbida o meu pilar como maestra de Educación.”

Magdalena Álvarez Gómez Alumna

Marta Gestal Couso

“Con el EQUIPO LAURA aprendí que equivocarse es una nueva oportunidad para aprender y que la mejor manera de llegar lejos es en grupo.”

Marta Gestal Couso Alumna

Sandra Jul Fabian

“Si no lo veo, no me lo creo.”

Antes de entrar en EquipoLaura, pensaba en la utopía de alcanzar una educación diferente, divertida... Salir de lo convencional rompiendo con lo tradicional! Pero como dije, para mí era una utopía, pues lo consideraba imposible y me sentía sola y sin recursos.

Ha sido este año cuando, por fin, he encontrado lo que llevaba años buscando, un cambio! Realmente mi visión de la enseñanza ha dado un giro de 180° y por supuesto, mi práctica docente. Necesitamos más gente con una misma ilusión, necesitamos trabajar en equipo y avanzar todos hacia un mismo camino, porque como siempre nos dice Laura, el equipo es la clave y sin el equipo no hay éxito.

Sandra Jul Fabian Alumna

Paula Otero

“Equipo Laura... o quizás familia? .”

El Equipo Laura es el medio que me ayudó a convertir la oposición en un proceso inolvidable lleno de aprendizaje, de compañerismo, de felicidad, de motivación, de amistad y de ilusión. La enseñanza que este equipo hace, como decía H.G. Hendricks, es de corazón a corazón, es decir, aquella que deja huella, aquella que nunca olvidarás.

Paula Otero Freijomil Alumna

Isabel Fraguela Santos

“2007 fue el inicio de un camino largo que marcaría mi vida en muchos sentidos .”

Caí por casualidad en aquella clase en la que sentía que debía estar. Tanto fue así que me costó seis años dejar mi silla vacía..pero sólo la silla..porque mi mochila se llenó de amistades verdaderas capaces de mantener vivas todas aquellas emociones compartidas.

Hoy estoy al otro lado, no sé si porque el espíritu de este equipo se contagia o por querer reflejar con mis dibujos lo que para mí y para muchos significa aprender juntos y querer trabajar en la profesión más hermosa y valiosa del mundo.Por muchos años más :)

Isabel Fraguela Santos Alumna

Noelia Fraga

Definición Equipo Laura: grupo de opositores/as ilusionad@s que traballan de xeito cooperativo baixo a guía e supervisión dun equipo de mestres/as expert@s que os axudan e apoian na súa aprendizaxe para acadar a meta soñada, UNHA PRAZA!

Noelia Fraga Alumna

Fátima María Rúa Yáñez

“Formar parte deste Equipo está sendo unha das experiencias máis intensas e enriquecedoras que vivín na miña vida.”

Aquí, aprendín a traballar en equipo, non en grupo, en EQUIPO de verdade e comprobei que sumando fortalezas podemos conseguir practicamente todo o que pretendamos.

E independentemente do que resulte deste proceso de oposición, o vivido neste Equipo estes meses terá merecido a pena e quedará para sempre dentro de min, deixando pegada en cada un dos retos educativos que se me poñan por diante.

Fátima María Rúa Yáñez Alumna

Carla López Martínez

“Unha das moitísimas cousas que aprendín este ano é que, coas metáforas, é moito máis sinxelo comprender as cousas e, como entender Equipo Laura non é doado, aí vai a miña.”

Imaxinemos que cada un de nós é un alimento. Un unha cebola, outr@ unha pizquiña de atún, outr@ un pouquiño de maínzo, un tomate, unha leituga... Nós mesmos, en soidade, estamos ben e temos nutrientes. Pero... E se nos mesturamos? Se nos mesturamos creamos una ensalada deliciosa, nutritiva, variada, co punto xusto de cada ingrediente e moi ben aliñada.

Equipo Laura é como esta deliciosa e variada ensalada. Cada ingrediente é único e irrepetible, bo por si só pero, cando se xunta cos demais, enriquécese ata puntos inimaxinables.

Non é doado comprender que se poida opositar en equipo, compartir e non competir, axudar e non poñer trabas, ser ensalada e non alimentos illados. Pero non hai nada mellor. Non hai nada máis fermoso que comprobar que non estás soa neste duro camiño e que, o que un día eran descoñecidos, son hoxe un pilar.

Carla López Martínez Alumna

Silvia Orjales Galdo

“Equipo Laura non é un equipo calquera, É O EQUIPO.”

Un grupo de persoas totalmente descoñecidas que se reúne en setembro e que chegan a xuño sendo familia.

Persoalmente foi unha das mellores experiencias que vivín, medrando como mestra pero tamén como persoa.

Aquí nunca estás só, sempre tes unha man na que agarrarte. Aquí cúmprense soños.

Fun e sempre serei do Equipo Laura.

Silvia Orjales Galdo Alumna

Ciro Salgado

“Cheguei a este equipo case de casualidade....”

Xa opositara, xa tiña o meu material, as miñas cousas… “Compartir todo?”, “Non sei se o vexo…”,“Con todo o que o traballei...” Pero si que o vin, e tanto que o vin!!! .

Daba todo o que podía porque os demáis tamén o daban por min… É difícil de entender... Ás veces, deberías facer un esquema, pero valo deixando…porque igual te apañas sen el... .

Pero cando sabes que ese esquema lle pode axudar ós outros, fórzaste a facelo. A eles válelles de moito, pero a ti valeuche moito máis… É difícil de explicar... .

Sen caer no equipoLaura, podería ter a miña praza igulamente...

...pero sería un mestre máis, e agora son máis que un mestre

Ciro Salgado Alumno

Alba Mª Puentes Loureiro

“Non sei como comezar, non sei que dicir, podería non dicir nada ou dicilo todo...”

Palabras insignificantes cobraron moito sentido… cando escoito paxaros, cactos, frutoo ou kukicha pasanme unha chea de imaxes por diante, todas cargadas de sentimentos, que intentas controlar, ou non... Que máis da se sentes medo, alegría, ansiedade ou felicidade? O importante é chegar a ese día que cambiará a túa vida pensando que todo vai ir xenial, pero tes tempo estou segura de que serás capaz de manter a calma, a profe Laura darache o conxuro, atopará un momento para ensinarche a cousa máis marabillosa do mundo ou simplemente para dicirche o que precisas.

Unha vez que tes a túa praza botas a mirada cara atrás e pensas...Xa esta? Isto remata aquí? Pois non, non ten fin, veñen as ganas de axudar ós que quedaron fóra, ós que veñen detrás, de seguir formándote, de aprender e de transmitir esa ilusión por ser mestra que algún día me transmitiron a min.

Alba Mª Puentes Loureiro Alumna

Ana Álvarez Basanta

“¿Qué puedes aportar al equipo? Apoyo, amistad, fuerza, confianza, lealtad, ánimo, sonrisas. ”

¿Qué puede aportarte el equipo? Unión, coraje, diversión, alas, fraternidad, ilusión, emoción, motivación, aprendizaje.

¿Qué aprendí con y del equipo? A confiar en mí misma. A no rendirme. A superarme. A no tener miedo. A compartir, cooperar. A sentirme parte de algo especial.

¿Cuáles son tus fortalezas? Ser constante. Ser positiva. Ser valiente. Ser una amiga. Trabajar en equipo. Ser solidaria. Ver el lado bueno de las cosas.

Preguntas donde ahora salen solas las palabras. Esto es el EQUIPO. Nunca estás sol@. Y juntos podemos cumplir sueños.

Anita Álvarez Basanta Alumna

Sandra González Domínguez

“Segundos, minutos, horas e meses nunha completa entrega e loita polos nosos soños. ”

Todo o mundo comeza con forzas, ganas e enerxía pero o difícil é seguir mantendo a ilusión co paso do tempo.

Coa miña experiencia podo dicir alto e forte: NON TE RENDAS !!! .

Ás veces parece imposible, pero o #EquipoLaura, que xa é unha familia, é INVENCIBLE! Conseguirás o propósito que todos nós compartimos: ENSINAR con amor e ilusión!! .

Sandra González Domínguez Alumna

Cuestionario

A nosa filosofía de traballo é a de ter grupos reducidos e moi comprometidos, polo que intentaremos seleccionar a aquelas persoas que de verdade crean nesta metodoloxía. Con este cuestionario intenta que te coñezamos o mellor posible.

Descargar cuestionario

Contacta

As nosas instalacións están no centro de negocios Arena40, no polígono do Río do Pozo, en Narón.

Aquí atoparedes un espazo agradable, cómodo, divertido e moi inspirador. O noso espazo está pensado non só para posibilitar unha metodoloxía activa de traballo, baseada en equipos cooperativos, senón que tamén vos ofrecemos un lugar de encontro, de estudo, etc. Un lugar que sempre estará a vosa disposición para axudarvos no traballo diario.

Lin e acepto a política de privacidade .
Os datos recollidos neste formulario serán incluídos nun ficheiro de datos de carácter persoal co fin de atender a solicitude de información. A súa cumprimentación é necesaria para atender a súa consulta. Cumprimentando o presente formulario consintes expresamente a comunicación dos teus datos a EquipoLaura, responsable do ficheiro, e garánteche o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos facilitados.
Se queres coñecer a nosa política de protección de datos, fai clic neste enlace.
  • Email contacto.equipolaura@gmail.com
  • Dirección Avda. dos Arrieiros, Parc. W 40
    Polígono Rio do Pozo
    15570, Narón